Aínda que a súa pel era branca, Xián nacera no continente africano e nunca se sentira estraño alí. Nin xamais percibira nos congoleses sinais de animadversión cara á súa persoa. E, a pesar de que agora estudaba en Estados Unidos, seguía amando aquela terra. Por iso arelaba reencontrarse coa paisaxe, coa selva, de cores tan intensas: verdes, amarelas, grises, laranxas, marróns... Regresaba á casa do seu avó, director do Parque Nacional de Virunga; regresaba ao seu fogar. O que non esperaba era que a súa chegada coincidise cos ataques dun vello león solitario, nin que o feiticeiro Buku puxese a xente dos poboados en contra da súa familia. E tampouco esperaba que a súa compañeira de xogos se convertera nunha beleza de ollos brillantes que destacaban no óvalo do seu rostro escuro coma a noite.
- 1. Os ollos do asasino
- 2. Élodi
- 3. Buku, o feiticeiro
- 4. O incendio
- 5. Kanja e Kainda
- 6. A pluma de aguia
- 7. A mamba negra
- 8. A inesperada visita
- 9. O secuestro
- 10. Os tambores falantes
- 11. O perigoso vao
- 12. Ovos cocidos para almorzar
- 13. Novas noticias de simba
- 14. Encontro co devorador de homes
- 15. Os perigos do pantano
- 16. Verteduras no lago Kivu
- 17. Os ollos de simba
- 18. O Nyragongo
- 19. No interior da Fonte do Demo
- 20. Sen escapatoria posible
- 21. Ao final do túnel
- 22. A captura de Buku
- 23. Sorpresa inesperada
- 24. O regreso de simba
- 25. A denuncia