Un libro que contén mortos e melancolía, unha historia e terra, e cólera. Coma un carballo, a obra poética de Darío Xoán Cabana (Roás 1952) abrangue e é expresión dun mundo que pola intensidade da verba se fai extenso, inesgotable. Cabalgada na brétema é un libro que contén mortos e melancolía, historia e terra, e cólera. Un rei líbrase das cadeas con que o enterraron hai mil anos, e revoa a patria. Un labrador antifarnquista vai ficando enviso na lembranza dos frios de Teruel. Un poeta de mediana idade olla a nación, a clase, a casa, a estirpe, a morte. Alento comunal e memoria persoal nun poemario admirable.
                                                    
                                                        - CABALGADA NA BRÉTEMA
- Carballo
 - O voo do mascato
 - Biografía
 - A sombra
 - Cabalgada na brétema
 
 - DE RERUM NATURA
- Veiga Redonda
 - O mes máis cruel
 - Hermerico
 - Pindo
 - Arriba ouriolo
 - Salmo 136 Vg.
 - Digo vencello
 - You shall overcome
 - Estouvos axudando
 - Ulises
 - Latexa a estrela escura
 - Laudes rerum
 
 - EXPLICACIÓNS