A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular. A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.
- Limiar
- Terra do Caurel
- ¡Viña do alén!
- O Lordanas
- Os lobos
- A caixa do morto
- Arxemiro
- ¡Aleluia!
- O documento
- O espello
- Antón de Cidrán
- Os difuntos falaban castelao
- A cabana do carboeiro
- O traxe do meu tío
- As meigas atinan sempre
- O tesouro
- Vocabulario