Obediencia

Obediencia

  • Author: Lopo, Antón
  • Publisher: Editorial Galaxia
  • Serie: Literaria
  • ISBN: 9788498653182
  • eISBN Epub: 9788498658842
  • Place of publication:  Vigo , Spain
  • Year of publication: 2010
  • Year of digital publication: 2012
  • Month: April
  • Pages: 347
  • Language: Gallego
Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control sobre todo o territorio agás a capital, Compostela. A cidade é centro dunha puxante economía que se contrapón á mísera Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático. Nunha residencia de Compostela para científicos con problemas piscolóxicos, está ingresada Elba Mácara, unha paciente con crises de amnesia que cre prever o destino mediante cálculos matemáticos. Cando menos o agarda, Mácara consegue fuxir para refuxiarse na Alemparte, un ermo salvaxe onde ten base o grupo resistente Alogon. Cunha enorme forza creadora, utilizando unha linguaxe que evoca as imaxes do cinema de ciencia ficción, Lopo vai introducir os lectores e as lectoras en paisaxes imprevisibles, inzadas de mutantes, salteadores e traficantes de alcaloides. En Obediencia, a intriga desenvólvese freneticamente en torno a unha obsesión: descubrir a posición de Lef, un número natural perdido na memoria dos tempos... A loita polo poder e polo control da mente tampouco queda fóra desta singular e apaixonante novela de aventuras na que os protagonistas viaxan por unha Galicia sorprendente.
  • 1-25
  • 26-50
  • 51-75
  • 76-99
  • 100-125

SUBSCRIBE TO OUR NEWSLETTER

By subscribing, you accept our Privacy Policy