O mundo de Vilanova de Alba, espello e metáfora dun tempo non tan distante, volve á literatura de Freixanes coa intensidade das lembranzas que nos sobreviven. Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida.
- QUINTÍN DE BORELA. LIMIAR EN TEMPO DE AFINACIÓN E FUGA
- CABALO DE OUROS. CANTAR DE CEGO PARA SUPERVIVENTES, BANDA SINFÓNICA E PÓLVORA
- PRIMEIRA PARTE. ONDE SE DÁ NOTICIA DOS PERSONAXES E DALGUNHAS CIRCUNSTANCIAS
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6. Onde se conta a historia do lugar de Pasamundos, tamén chamado o Pozo da Señora
- 7
- SEGUNDA PARTE. A PARTIDA DE CARTAS
- 8
- 9
- Historia do mouro de Mourente, tamén chamado o Sarraceno, que agarda a volta da namorada co corazón a tremer dentro da caixa de pedra
- 10
- 11
- 12. Onde se conta a historia de Benito Silva e o encontro que con el tivo o cura de Boullón, don Ramiro, no souto de Ramirás, na Cortegada de Miño
- 13
- 14
- TERCEIRA PARTE. ANXOS CUSTODIOS
- 15. Onde se conta a historia de Fuco Fariña e de sor Magdalena dos Sete Cravos, e mais onde se dá noticia da Carta da Fin do Mundo que se agochaba, dende o principio dos tempos, no convento de dona Tareixa Pérez de Soutomaior
- 16
- 17
- 18
- 19. Onde se conta a historia de Matías de Amaral, o vello da Gaiosa, que tamén é unha explicación do mundo, razón primeira das cousas
- 20
- 21
- EPÍLOGO EN TRES XORNADAS E UNHA CARTA
- Primeira xornada
- Segunda xornada
- Terceira xornada. Catro anos despois
- Carta ou memoria que a finada Amalia Villegas, noutrora Amalia de Serrano, escribe ao narrador, para que conste