Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Este libro foi traducido ao curdo pola editorial Avesta, co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, "Nin en soños vou perder a miña lingua".
- Falar
- Curtametraxe
- Na oficina de obxectos perdidos
- O ladrón de palabras
- Uf
- A muller que vivía no futuro
- A fábrica de palabras
- Instrucciones para aprender a hablar gallego
- Eu fixen ouigha co espírito de Castelao
- Unha palabra común
- Unha imaxe vale máis
- A agulla de marear
- A superficie das palabras
- Nin en soños vou perder a miña lingua
- Estudo sociolingüístico sobre a mocidade baixo os efectos das drogas
- O home aforcado
- A lingua máis difícil
- Unha muller e un home no camiño
- Falar en soños
- As nubes
- O can de Sabucedo
- A cabeza voadora
- Os homes das sulfatadoras
- Madrith
- O país que falaba
- A vendedora de palabras
- Método de autohipnose para falar galego
- Um lugar sem palavras
- Eu nunca serei yo
- Sssssh
- O señor do traxe gris
- O cabalo e a néboa
- Dióxenes
- Nh positivo
- A primeira boneca que fala galego
- Laboratorios sociais de normalización lingüística
- As linguas de fume
- O home que agardaba que lle dixesen o que tiña que facer
- A praia dos ourizos cacho
- Ás veces sinto que no meu país faltan palabras
- O paracaídas
- Estou contigo