Contos da terra da tarde

Contos da terra da tarde

  • Author: Iglesias, Bieito
  • Publisher: Editorial Galaxia
  • Serie: Literaria
  • ISBN: 9788498654011
  • eISBN Epub: 9788498658743
  • Place of publication:  Vigo , Spain
  • Year of publication: 2011
  • Year of digital publication: 2012
  • Month: September
  • Pages: 311
  • Language: Gallego
Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses que ilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto de historias do autor de 'Pan e coitelo'. Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propias verbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Os relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos? No entanto eses e outros temas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un tal punto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luz crepuscular aludida no título ou ?nas distancias curtas? pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxica preséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e o diálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos para interromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha mosca invisible".
  • Capítulos
    • Comentario ao Apocalipse. Análise existencial do home galego enfermo
    • O beneficio eclesiástico e outros problemas gravísimos
    • Emigrantes celtas. Variaciós e fugas
    • Conto da terriña
    • Calendario de advento
    • Catering. Un relato de avancarga
    • A estocada de Nevers
    • Opus incertum ou cosa mentale
    • Mansos dormen os corpos
    • Fruta do tempo. Ourense circa 1960
    • Madonna frivolidade
    • Lilas serodias
    • Autómatos
    • O desexo contrariado. Visiós fuxitivas
    • Hotel Arriaga. (Pegaso e as ninfas)
    • O bolero traballa como un soño
    • Noticia dos árcades mortos ou por que non escribín certo libro meu
    • Notas

SUBSCRIBE TO OUR NEWSLETTER

By subscribing, you accept our Privacy Policy