Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses que ilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto de historias do autor de 'Pan e coitelo'. Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propias verbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Os relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos? No entanto eses e outros temas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un tal punto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luz crepuscular aludida no título ou ?nas distancias curtas? pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxica preséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e o diálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos para interromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha mosca invisible".
- Capítulos
- Comentario ao Apocalipse. Análise existencial do home galego enfermo
- O beneficio eclesiástico e outros problemas gravísimos
- Emigrantes celtas. Variaciós e fugas
- Conto da terriña
- Calendario de advento
- Catering. Un relato de avancarga
- A estocada de Nevers
- Opus incertum ou cosa mentale
- Mansos dormen os corpos
- Fruta do tempo. Ourense circa 1960
- Madonna frivolidade
- Lilas serodias
- Autómatos
- O desexo contrariado. Visiós fuxitivas
- Hotel Arriaga. (Pegaso e as ninfas)
- O bolero traballa como un soño
- Noticia dos árcades mortos ou por que non escribín certo libro meu
- Notas