Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas nesta novela. Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.
- I. Lucía
- II. A cidade dos tristes
- III. A dama e o unicornio
- IV. Os reloxos brandos
- V. The show must go on
- Epílogo de ultratumba