A romaría de Xelmírez pertence á serie de novelas historicas que Otero publicou entre 1930 e 1935. O bispo Xelmírez viaxa a Roma no 1104. Ao longo do camiño, Otero desprega as súas grandes dotes de historiador e xeógrafo para ofrecernos unha intelixente e fermosa panóramica da cultura, a política e a relixión da Europa de entón. Adentrarse nas páxinas desta novela acaba sendo un reto que ha deixar ao lector gustosamente rendido ante a xenialidade dunha das mellores obras da literatura galega do século XX. A primeira edición apareceu en 1934 en Santiago, publicada pola Editorial Nós. A presente inclúe unha extensa introdución, un tratamento coidado do texto e abundantes notas co fin de facilitarlle ao lector o acceso ao fermoso mundo oteriano.
- Capítulo I
- Capítulo II
- Capítulo III
- Capítulo IV
- Capítulo V
- Capítulo VI
- Capítulo VII
- Capítulo VIII
- Capítulo IX