Vento ferido

Vento ferido

  • Author: Casares, Carlos
  • Publisher: Editorial Galaxia
  • Serie: Biblioteca Carlos Casares
  • ISBN: 9788482887340
  • eISBN Epub: 9788498659078
  • Place of publication:  Vigo , Spain
  • Year of publication: 2010
  • Year of digital publication: 2012
  • Month: April
  • Pages: 93
  • Language: Gallego
Doce relatos imaxinativos nos que Casares xoga coa historia. Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou varias edicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores da tradución ao ruso e ao castelán. En xeral, os críticos considérano un dos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo Torrente Ballester, "bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura". En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica. Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.
  • O XOGO DA GUERRA
  • COMA LOBOS
  • CANDO CHEGUEN AS CHUVIAS
  • MONÓLOGO
  • AGARDA LONGA AO SOL
  • A CAPOEIRA
  • VOU QUEDAR CEGO
  • A TRONADA
  • O XUDAS
  • A RAPAZA DO CIRCO
  • O OUTRO VERÁN
  • APARECERÁ POLA ESQUINA

SUBSCRIBE TO OUR NEWSLETTER

By subscribing, you accept our Privacy Policy