Publicada en 1960, é "unha obra mestra da novelística galega en termos absolutos", segundo verbas de Méndez Ferrín. Dentro da traxectoria narrativa de Ramón Otero Pedrayo significa a depuración e a perfección. Novela de dicción límpida e transparente na que, con humor, se retrata a figura de Xoán Manuel Pereira, un dos grandes revolucionarios liberais e progresistas da Galicia do século XIX. O señorito da Reboraina é a derradeira novela escrita por Otero Pedrayo e a única que publicou en galego despois da Guerra Civil.
- ENTRE AS HORTENSIAS DE PORTUGAL E A RÚA NOVA
- DENDE AS ELECCIÓNS DE REDONDELA ATA O PAZO DE INVERNO DE PEQUÍN
- ENTRE A DESPEDIDA DA VALIXA DIPLOMÁTICA E A DERRADEIRA RESACA NO RIBEIRO OURENSÁN